venres, 17 de maio de 2024

Día das letras galegas 17 de Maio

Día das Letras Galegas 2024

Luisa Villalta 

 


Para conmemorar o día las Letras Galegas o alumnado de 3º, 4º e 6º EP leron a bibliografía de Luisa Villalta. O alumnado de 1º e 2º EP cantaron unha canción e continuaron coa lectura de 3 poemas e varias cancións tocadas polo alumnado da ESO. 

martes, 23 de abril de 2024

Día do Libro - 23 de Abril

Para celebrar o Día do Libro o alumnado e profesorado voluntario pode crear un bookface: a arte de fundirte coa portada dun libro. 



Para esta conmemoración o alumnado de 6º EP e o alumnado da ESO estiveron lendo contos ao alumnado da etapa de Educación Infantil. Disfrutaron moito deste día!

 



xoves, 21 de marzo de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

8 de Marzo - Día Internacional da Muller

 Partindo dos elementos químicos da táboa periódica, o alumnado de secundaria rendemos homenaxe a mulleres sabias da nosa historia: científicas, médicas, políticas, escritoras, actrices, músicas, pintoras, activistas..., todas contribuíron a facer un mundo mellor e nós seguimos a súa estela! #química#interdisciplinariedade#nonestántodaasquesonperosontodasasqueestán118#8M#8Memaisosoutrosdíatodos#



8 de Marzo Día Internacional da Muller

                   Recomendacións para o 8 de Marzo na nosa Biblioteca 

domingo, 18 de febreiro de 2024

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO 

Para celebrar o Día da muller e da nena na ciencia fixemos unha actividade de resolución de enigmas na biblioteca. Creedes que fomos quen de resolvelos?





 


xoves, 15 de febreiro de 2024

ENTROIDO

O profesorado e alumnado do noso centro mostraron os distintos traxes típicos de diferentes figuras do Entroido Galego. VIVA O ENTROIDO!

ENTROIDO

O alumnado de 2º ESO fixo unha viaxe por diferentes Entroidos de Galicia, dende Fornelos de Filloás ata Vedra, pasando por Maceda ou Xinzo de Limia. Boteiros, Cigarróns, Peliqueiros, Felos, Pantallas, Bonitas, Madamas e Galáns e ata os Xenerais de Ulla, todos e todas quixeron vir á Mascarada do noso centro educativo.