PROXECTO "NEN@S DO MUNDO"

Ola a tod@s!! 
Benvid@s ao blog da biblioteca, como xa sabedes no cole estamos viaxando polo mundo enteiro grazas ao noso amigo Agudiño que nos leva e nos ensina moitas cousas dos países aos que viaxa.Para saber onde se atopa e así coñecer moito máis a xeografía ,no cole, fixemos un "gran mapa" do mundo no que imos indicando onde estamos.


 Levamos viaxando dende decembro que visitamos Laponia e puidemos coñecer un pouco máis sobre Santa Claus, despois fomos ata a exótica India, alí fixémonos tatuaxes de "henna" e probamos tamén moitas especias. No mes de febreiro fomos de entroido ata Brasil, menuda festa!!!, que ben o pasamos! e agora......bueno.... agora, xa sabedes estamos na CHINA



 Pois si, agora mesmo Agudiño está pasando os seus últimos días na China pero grazas a él aprendimos cantidade de cousas sobre o país: vestimenta, cultura, tradicións, contos, monumentos....na entrada do cole temos un pequeno recunchiño de lectura onde cada mes podemos consultar libros e contos dos países polos que imos viaxando

 Ademais, somos moi afortunados porque no pobo da Gudiña temos unha amiga que se chama Marisa, é unha señora moi pero que moi interesante, encántalle viaxar e coñecer xente e culturas novas polo que dende moi xovenciña cada ano trata de perderse por algún país. Leva percorrido xa moitos países en case que todos os continentes e, como coñece tanto e sabe tanto de cada un deles,visítanos unha vez no mes para contarnos e ensinarnos máis cousiñas (fotos, experiencias, recordos, agasallos....)

Ah!! xa me olvidaba, en plástica elaboramos uns dragóns chinos que alí son símbolo de boa sorte.

 

Bueno, polo de agora deséxovos unhas felices vacacións de Pascua, descansade e recargade pilas porque á volta espérannos dúas longas viaxes con Agudiño: taaachaaaaannn!!!
ímonos a ITALIA E A TANZANIA. Que emoción!!!

Bicos 
 

Ningún comentario: