SAÍDAS, EXCURSIÓNS...

 TEATRO

O pasado 7 de marzo o alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI Laureano Prieto desfrutou dunha saída ao teatro, para ver a representación dunha obra de Lope de Vega, Fuente Ovejuna. Tivo lugar no Teatro Principal de Ourense. A xornada rematou co xantar no Centro Comercial e unha sesión de compras por parte dos rapaces, que desfrutaron dun día diferente na cidade das Burgas.





















CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL:


Cholo e Nela e os titiriteiros”


A XVI Convivencia de Educación Infantil celebrouse en Xinzo, o día 10 de maio. Este ano a súa temática versaba sobre o circo.

Durante as semanas previas motivouse os nenos e nenas a través de contos e vídeos mediante os cales os cativos e cativas visionaron imaxes do circo.

Nos días anteriores á saída tamén aprendemos a canción: Cholo e Nela e os titiriteiros.

¡Por fin chegou o 10 de maio!, día que xunto cos nenos e nenas da Mezquita, fomos en autobús ata Xinzo.

Cando chegamos  alí camiñamos un pouquiño e, logo, todos xuntos, papás mamás, nenos e nenas colocámonos a carón dun palco con música. Estivemos todos cantando e bailando. De súpeto, apareceron Cholo e Nela! Non viñan sós, acompañábaos os organizadores da convivencia.

Logo movémonos á zona de obradoiros, alí maquilláronnos, pintamos murais con pistolas de cores, fixemos malabares, pompas de xabón…. Había tantos que aínda nos quedaron algúns  obradoiros sen visitar!

    Seguidamente disfrutamos de tres contacontos lenda de Cholo e Nela, Circo de pulgas e Pitonisa.




Finalmente, fomos á área de xogos, participamos nunha carreira de cabalos, de reciclaxe, fixemos malabares con pompóns feitos de lá, disfrazámonos de persoaxes do circo…

                

Como xa levábamos moitas horas en Xinzo, chegou a hora da comida. Comemos co resto de nenos e nenas no exterior, cerca da zona de xogos e obradoiros. Unha vez repousada a comida, tivemos a esperadísimo fin de festa, tocaba o momento do baile. Voltamos para a zona do palco onde escoitamos de novo a canción de Cholo e Nela e os titiriteiros. Viñeron Cholo e Nela a despedirse de todos nós ata o ano que vén. Nós seguimos escoitando moitas cancións e bailando mogollón. Como toda festa ten un final, con moita tristeza nos despedimos, estamos desexosos de que chegue pronto o próximo ano porque o pasamos fenomenaaaaaaaaaal!!!!!
 


Ningún comentario: