domingo, 18 de febreiro de 2024

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


 DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO 

Para celebrar o Día da muller e da nena na ciencia fixemos unha actividade de resolución de enigmas na biblioteca. Creedes que fomos quen de resolvelos?





 


xoves, 15 de febreiro de 2024

ENTROIDO

O profesorado e alumnado do noso centro mostraron os distintos traxes típicos de diferentes figuras do Entroido Galego. VIVA O ENTROIDO!

ENTROIDO

O alumnado de 2º ESO fixo unha viaxe por diferentes Entroidos de Galicia, dende Fornelos de Filloás ata Vedra, pasando por Maceda ou Xinzo de Limia. Boteiros, Cigarróns, Peliqueiros, Felos, Pantallas, Bonitas, Madamas e Galáns e ata os Xenerais de Ulla, todos e todas quixeron vir á Mascarada do noso centro educativo.